02.02.17


A esperada Resaca, da querida compañía Il Maquinario Teatro. Unha viaxe a través da memoria, dos trozos que quedan en nós cando unha persoa querida se vai. Falan do amor, no propio espectáculo resaltan que o queren é facer “o seu espectáculo sobre o amor”. Sabendo que o tema moi novo non é, pero non importa.

Xogan sobre diferentes códigos teatrais, buscando diferentes formas de mostrar as imaxes. A música en directo está moi presente, durante toda a peza. Fan unha viaxe cara atrás que non sei se vexo necesaria, teño a sensación que resaltando o que era a persoa perdida para eles era suficiente. Non sei se a descripción de tan atrás aporta algo significativo. Máis que contextualizar descontextualiza. É moi interesante o concepto de resaca emocional. Cada vez o uso máis. Cando un se abre ante os feitos, cando os vive de verdade, un golpe posterior no que o corpo se pecha parece inevitable. Eu sempre o asocio á idea das maniotas, dunha forma máis complexa claro pero o efecto é o mesmo. Por moitas resacas máis desas.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *