02.02.18


Camiños, unha coproducción de ButacaZero co CDG. Un xogo con tópicos e raíces galegas, procurando a reflexión e a diversión. Por momentos consegue ambas cousas, cun ritmo moi fluído e con moito e bo material de traballo. Eu a pega que lle poño é que teño a impresión de querer abarcar demais. O espectáculo faise demasiado aberto e pouco concreto, e polo tanto as imaxes ás veces van quedando no aire. Tamén me sobra certo discurso no que cae o texto nalgúns momentos. O bo, e moi bo, foi o rato agradable que nos pasamos no teatro, que é o máis importante.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *