02.04.17


Estreouse o esperado Martes de Carnaval. Estou moi de acordo co que dixo unha amiga, de que é moi “botar por fóra”. Para min foi moi significativa tanta máquina de fume, que é o que me parece o espectáculo, unha máquina de fume. En certos momentos ten o seu encanto, e un atractivo forte de determinadas imaxes. Marta Pazos móvese moi ben dentro do collage, pero xa na historia e na consistencia das mesmas xa non tanto, precisamente porque é o lado contrario. Seguramente para facer os clásicos e entendelos hai que acercarse a eles, e os saltos cara adiante poden quedar difusos, é dicir, que teño a impresión de que determinados convencionalismos son necesarios. Non entendo a nivel de producción esa intención de poñer as dúas obras xuntas, é unha forma de darlle ó espectador un primeiro Valle en galego pesado, e non o vexo moi necesario a verdade. Incluso penso que se se fan dous, poderían facer a triloxía toda xunta e listo, facemos algo de 5 horas e xa está, dándoo todo. O caso é que se nota un gran esforzo e unha boa intención, pero non teño a sensación de que se vertebren para facer algo redondo e con sentido, máis ben o contrario, a maquinaria vai a golpes e con baleiros de sentido, segundo a miña visión claro.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *