02.07.16


É esa liña. Esa que andar entre a honestidade e a impresión. Xusto como os funambulistas. Arriscar sen perder o equilibrio, que grande Peter Brook. A liña diría eu do artista, como tirarte de verdade sen caer, ou polo menos caer para seguir, para volver á corda. Escribir teatro é un proceso de perderse, case como a poesía, abrir o peito para que saian cousas, e pechalo ata novo aviso, ata poder volver. E que os paxaros marquen o camiño. Que as migracións nos salven do frío. E atopar con quen voar sen límites.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *