02.06.17


Din que hai un país no que non para de chover, e por iso se garda a maxia en segredos nas ponlas das árbores. Despois sempre están as lareiras para descubrilos. Os segredos van nas pingas, igual ca esas botellas que gardan barcos en minuatura. Alí, nas pinguiñas que quedan suspendidas antes de caer á terra. Na Terra dos asubíos eternos. E dos abubíos inquedos. Neste lugar xa non existen nin a primavera nin o outono. Só as estacións extremas. Fai moito, moito tempo (realmente foi fai pouco pero é o que se di sempre), nunha aldea moi cercana pasou un tempo alí un ser moi pouco habitual nesos lares, unha nena. Si si, nestes lares é un ser raro, case fantástico, porque as aldeas están cada vez máis deshabitadas. Dentro de nada unha persoa pequena vai ser considerada un ser extraterrestre aquí.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *