Comer xenial e buscar a paz. Moito ler, parece que a cultura vai curando cousas de atrás, con tempo e calma, con cariño e paciencia. O pasado precisa de espazo no futuro para acomodarse, pousar. Tamén é forma de non afogar o presente, que quere aire para respirar e ser o que pode ser. Auga e amigos, sorrisos e pouco máis. Bueno, algo de alcohol rico e bo, que nunca senta mal…así sen pasarse. Viva o verán!