02.08.17


Pois a min flipoume. Entendo que cando se fai algo con personalidade, aparece xente que lle encanta e xente non lle gustou nada, penso que este é o caso. É certo que imaxinei que a película sería mellor sen banda sonora, porque se fai repetitiva e case predecible, cos clásicos trucos de Zimmer que antes impresionaban pero agora xa é outra historia, despois de varias pelis igual. O certo é que Nolan é un narrador excelente, que sabe manter a tensión narrativa e fiar os sucesos cunha elegancia tremenda. Isto é indubidable penso, o diseño de son é impresionante. Repite outra vez este gusto que ten por mezclar os feitos de diferentes momentos no tempo e saltar, forma parte da súa marca como cineasta. É moi interesante como Nolan inventa o que poderiamos chamar xénero de rescates, facendo unha peli de guerra na que non vemos a guerra, senon a forma de escapar dela a toda costa. Gustáronme moito os detalles, ver momentos de necesidade, a guerra nos ollos dunha desesperación, un sensentido que vemos reflexado a través de necesidades humanas máis ou menos pequenas. Unha película grandilocuente que non o parece, Nolan no seu vestido de director independiente. Con moitos cartos para grabar claro. Dan ganas de vela de novo, para fixarse en máis cousas. Eu polo menos fun entrando cada vez máis, cine en estado puro.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *