02.12.16


Hoxe encontro importante no culturgal, cos representantes políticos do ámbito cultural das catro deputacións galegas. Comezamos a mañan cunha charla de dúas representantes catalanas da xestión cultural, tanto dende as institucións como dende a unión de compañías profesionais. Para empezar que este encontro é necesario, para lanzar e establecer análise. A vagaxe do ámbito catalán serve para darnos conta de cara onde podemos ir. É curioso ver como aquí tendemos a aferrarnos “ó noso”, persoalmente notei a diferencia no binomio “galicia-cataluña”. Abriuse un debate sobre abrir ou non as diputacións a compañías de outros lugares. É curioso que en cataluña isto nin existe, non se plantexa o debate. Aquí parece que hai que “protexer”, que cada un da zona debe “protexer” o seu, como si foramos animais indefensos. Tamén vemos que a rede que temos aquí non é rede real, é dicir, non hai unhas prácticas contrastadas, avaliadas nin revisadas para a súa mellora. A directora da Oficina de Difusión Artística (ODA), presentou un programa coherente que se pode contrastar, aquí parece que sempre “estamos comezando”, seguramente pola falta de claridade. Falouse da posibilidade duns medos, e o tempo pasa. Parece que non queremos ou non sabemos atacar as cousas, supoñemos cousas que non sabemos ben se é unha realidade ou un prexuízo. Para que funcione ou non funcione hai que probar cousas, e non vivir nunha burbulla que parece na que vivimos. “E que os cartos dan para o que dan”, como si os cartos fosen algo a ir repartindo, non algo co que se busca unha eficiencia e unha responsabilidade real coa cidadanía. Eu só tento deixar aquí as sensacións/opinións que me deixaron as xornadas. É certo que acabo de chegar a este asunto, e teño unhas ganas inmensas de formar parte e de seguir crecendo en equipo.

 

xornadas-culturgal

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *