03.04.17


A cabeza do dragón, a fantasía e o poder do teatro como mecanismo de xogo. A obra vaite metendo lentamente no seu mundo, e vaste facendo co seu poder case sen darte conta. Partindo dun código de traballo convencional, e non por iso negativo, o texto de Valle flúe cunha antigüidade fresca, coa interacción entre os actores e a fluidez do texto como principal punto a favor. O vestiario é precioso, eu penso que o espazo escénico e a iluminación non acompañan moito, porque son moi básicos en comparación á construcción xeral da obra. De todas formas a enerxía é moi bonita, e o entudiasmo dos actores fai que teña momentos de puro teatro, de conto ben contado. O mestre Cadaval sabe o que fai, o pero que lle poño é que non o acabo de ver nese personaxe que fai, ten espírito de sabio aínda cando non o debe ter.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *