03.05.17


Fragmento de “Ás veces Bonaval”, dun servidor:

Un parque ten vontade de collage ou de paisaxe eterna. En función da ollada pode ser clásico ou vangardista, a gusto da persoa. Ata pode ser un ximnasio, se corre alguén á parte do aire, e a preguiza das follas vólvese solitaria por momentos, con envexa da forza dos pés, tamén caducos, porén máis resistentes. Semella que gusta da participación calada, o compartir da paz. Invita a un ollar amable, case sen que nos deamos conta. A árbore tolérao todo, menos as faltas de respecto. É como o corpo humano, en máis feble. Seguramente en máis sabio. Un ser capaz de xerar osíxeno non é calquera cousa. Ás veces sinto que se asemella a un templo. Parece que di: “están vostedes xuntos”, e nós sen escoitar. Non se deixa coñecer de todo, mais sempre está ai se o precisas, ten a vontade das nais. Para cando queiras volver, tes o teu sitio gardado. Despois así choramos cando os perdemos, e esquecemos dicirlles “quérote” cando están.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *