03.06.16


“Se vas facer iso mellor que non o fagas, mellor que o deixes. Bueno mellor faino total…a abundancia fai estas cousas. O salitre quedouche nos pés sabes, pegadiño a tantas tardes na area. Di que non se quere ir. Que se queda, e punto. Ademais non eres capaz de quitalo. Se decide quedarse el queda. Hai máis litros de mar que perigos por afrontar. É así. Por iso o líquido é un elemento nai, está aí sen que nos demos conta. Sigue intentando quitalo verás, dúchate as veces que queiras, que non as poder coa insistencia do mar, el leva moitos máis anos equivocándose ca ti”.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *