03.10.17


Sorrentino é un dos mellores creadores de imaxes da actualidade. Pode transformarse dentro dun mesmo filme. Coa capacidade poética de Fellini, xoga coa linguaxe cinematográfica cunha liberdade que ás veces parece insultante. As súas películas son unha viaxe interna, sempre en movemento e sempre elegantes. Isto é seguramente o que máis me fascina del, a capacidade de ser rítmico e profundo ó mesmo tempo, de non caer en densidades aínda que esté contando cousas profundas. Sempre compón imaxes potentísimas, cun xogo de perspectivas moi bo. Un artista, buscando a beleza do que expresa. Na miña opinión un xenio. Peliculón.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *