03.12.16


Estos días parece que se abriu unha ventá á infancia e está entrando o vento por ela. Onte chegou a casa a batería electrónica, foi un soño dende neno ter unha batería na casa, e chegou por fin. A escritura tamén volveu, parecen ir xuntas da man, o ritmo e a palabra, como si fose algo indivisible. A novela vai lenta, pero con moita forza. Ás veces acaba comigo, pero vou gañando o pulso paso a paso. É máis grande ca min, e un reto tan grande parece que require unha madurez que pasiño a paso vou tendo. Cando a vexa escrita vai ser marabilloso. Chega co frío a miña primeira obra profesional, parece que todo van ben, ben de verdade.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *