“Falamos de cultura. Esa cousa. Que algo pasa aquí que non acaba de funcionar ben. Supoño que, como moitas cousas complexas, será cousa de mirar na historia e aí entenderemos. A fugacidade, as novas tecnoloxías, a fama…pensabamos que tiñamos moito tempo pero tampouco era tanto, os temas profundos dan para liarse todo e máis, por iso o son. Seguramente sexa o momento da cultura deste país para reclamar o seu sitio con feitos claves, para non só dicir que é necesaria, senon demostrase como necesaria para a xente e o sistema. Reivindicar a pluralidade e a riqueza de matices, que son só facemos o que facemos porque nos encanta, senon porque pode ser unha ferramenta de liberdade para máis xente que nós mesmos.”