04.04.17


Roberto Salgueiro púxose poeta e sáelle ben. É un texto moi valiente, porque ten unha linealidade e profundidade que fai que o seu dinamismo se mova por unha liña fina dramática, que se sostén durante toda a obra como un poema que sabe renovarse con cariño e paixón polo teatro. É moi bonita, deixa unha sensación de verdade e sinceridade. Ten peros ideolóxicos no meu gusto, e é igual algo antigüa en certas cousas. Pero merece moito a pena, a sensación de levedade e de falar dos extremos da vida con moita facilidade e paixón, que fai que as actrices sexan un imán ante os ollos expectantes no patio de butacas. Da gusto ver teatro que ten o cariño polo teatro por bandeira, non pasa todos os días.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *