04.06.16


O amigo Shakespeare esperou por nós na parada do autobús. Non unha parada normal, senon esa idílica que non existe pero que todo o mundo imaxina algunha vez nalgún soño inventado. Estaba alí tranquilo. Movía os pés con inquietude, iso si, a creación ten que sair por algún lado, é como un paxaro que está sempre co pico buscando para comer. Non nos viu nun principio, debía estar pensando nas súas cousas, está ben, respetámolo, pero non o tememos. Esa era a idea. Respetalo pero non temelo. Abrir a man, saudar con firmeza e serenidade, e manter sempre as ganas de viaxar. Boas querido, ti non nos coñeces a nós, e realmente nós tampouco a ti, pero temos ganas de coñecerte, aínda que sexa para algo efémero, a túa intensidade e poética o merecen. El dixo que si, como era un soño non tiña opción a rexeitarnos.

LADY SHAKESPEARE.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *