04.06.17


Palada e despois outra, respirando co soprar das ondas. Aprender a cantar coa alegría dun surf que non se fai nas praias, que se vive atravesando a auga. Sentir que se pode con todo, que mentres estemos aquí imos pelexar dunha forma ou doutra para avanzar, porque as mareas unhas veces veñen a favor e outras en contra, pero non por iso imos deixar de sorrir.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *