04.09.17


David Simon é un dos mellores dialoguistas que coñezo en audiovisual. A naturalidade que consegue é realmente fascinante. Levo un tempo esperando The Deuce con ganas, e o piloto encantoume. Retratan o contexto cun detalle e precisión xeniais. Penso que conecto moito cos mundos que reflexa Simon porque sempre ten unha parte humanística coa que me sinto moi indentificado. Cada personaxe ten as súas caras, e cada secuencia está contando algo interesante. Moito aprendo eu coas cousas que fai. Parece que lle interesa o camiño das miniseries porque así empeza e remata unha historia sen que os canais lle falen de audiencias, teño eu esa impresión. Así conta o que quere e listo. Neste caso fala do ambiente nos anos 80 en New York, enfocándose na situación da prostitución nas rúas e nos bares. Atrápame porque sempre quere reflexar a vida de determinadas persoas, e non entender a ficción como un mecanismo de “impresionar ó público”, penso que é un acto de humildade intelectual co que estou moi dacordo.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *