05.01.17


Entrar no taller. Collerlle o gusto a pasar horas alí. Co poder da creación e os seus medos. Facer que o espazo poida ser un refuxio e unha liberación. Zona de xogos e de soños. Un lugar onde podería entrar calquera porque a soidade non parece soidade, é outra cousa. Mellor. Aprender a estar todo o tempo que faga falta, na compañía das ideas que van a volven, que queren marchar pero eu lles pido que se queden, acarícioas, ríndolles homenaxe para que me deixen estar ó seu lado. Coidalas. Bicar os detalles para que estén a favor, que as manías poidan ser potenciadoras da ficción, que a realidade sexa aínda máis real. Aquí estamos, listos para non deixar escapar o noso oficio e paixón. O taller está aquí, para quedar ata sempre.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *