05.04.17


Divertidísima. Vale que ten os mesmos ingredientes que a anterior, pero xa se chama Vol.2 por algo. Pasámolo en grande. A min encántame a estética e os golpes de humor frecuentes que ten. Ademais case todos son intelixentes, o que se agradece en algo así. É fácil collerlle cariño estes personaxes, porque teñen unha inocencia liderada por Groot que é fantástica. Non pensei que me fose gustar tanto antes de entrar na sala. A historia é das de superheroes, das clásicas de salvar o mundo, o matiz neste caso é a mensaxe clara de que sen os demáis non facemos nada, e que o egoísmo é mal plan. Igual non é novo, pero eu estou dacordo e emocióname. Fan de Groot, fan da mezcla entre os efectos especiais e a música retro, penso que queda moi ben esta conexión entre innovación e retro. I + R. Máis I + R por favor. E máis humor intelixente tamén, con matices que poden mezclar o comercial coa elegancia intelectual. Non moi intelectual claro, pero xa me entendedes. Bailemos.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *