Fas tanto ben cando durmes, tanto que describir o que pasa é perder o tempo. Non merece a pena. Está aí. É a definición de paz, mentres eu me quedo coas batallas ti só queres vivir coa paz. Cando se atopan a forza e o silencio todo parece perfecto. Aínda que non o sexa, ese parecer ocupa un lugar no recordo. Se tivese que describirte non sabería, teño tanto medo a que desaparezar por banalizarte que por iso é tan bonito alcanzar o que eres. Porque é imposible, pero polo camiño van quedando sedimentos. Son parte das especias para saber cociñar os días contigo.