Volveu Narcos. Sempre me sorprende a capacidade que teñen de dar información sen que pareza que é moita. Agora teñen o gran reto de “vivir sen Pablo Escobar”. O apoio dos acontecementos reais, e a boa selección do que contan é clave. O primeiro capítulo a min convenceume, na liña deles e cunha selección musical que sempre é moi boa. Aparece Javier Cámara en escena. Como presentación do que vai ser este novo Narcos (Temporada 3) parece claro que o propio capítulo funciona como introducción. Mirade este é o novo mundo que temos, entrade nel. Penso que o público sempre agradece estes xestos, e máis se están feitos coa elegancia e a intelixencia coa que o fan eles. A serie está é unha droja, empezando xa pola propia canción da cabeceira, que non me aburro de escoitar.