Investigando pelis que gañaron no Festival de San Sebastián. NEDS é unha metáfora sobre a frustración adolescente, ou como un camiño se pode torcer polo contexto no que vives. Pode despertarse a frustración interna e levarnos a camiños moi oscuros, a lugares ós que en teoría non estamos predestinados. O filme é brillante, crudo e realista. Vaite atrapando cada vez máis, co magnetismo do seu protagonista. A min encantoume.