05.11.17


Estudando poemas do amigo Juan Carballo para colaborar con el:

Un home vulgar
 
Cada pobo ten o seu escritor
eu non sei que son no meu
unhas veces son portada dos xornais
outras esquecen o meu nome nun cartel.
Porque xogo a cultura nunha timba
ou camiño pola rúa mirando calquera sala
Un descoñecido faite sentir como sempre
lonxe de entrevistas e escenarios
Vivo como as cidades que non dormen
fuxindo a cada páxina da miña vida
esquecendo a equipaxe en cada amor pasaxeiro
non é máis que este inventario de feridas.
Son os días chuviosos da miña terra
onde a lingua a coida a paisaxe
onde as mulleres falan
cun acento enmeigador.
As que algunhas veces
me converten nun poeta e
outras nun home vulgar.
A máquina do tempo
A memoria
a miña máquina do tempo
conta amores de verán.
Algúns simplement pasaxeiros
outros tatuados nas pupilas
Tantos anos e soño contigo cada noite.
Segredos débedas e palabras
convertidas en poema ou canción
contan amores de verán
Desgastando a miña voz
para cantar un Rock&Roll
Imaxinando a vosa pel
Nunca ides entender
os desexos sentan mal
contando amores de verán.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *