06.01.17


Penso que no feito de dirixir hai algo de poder levar as escenas ó lugar no que están mellor, onde teñen máis vida. É como darlle unha oportunidade á ficción para ser máis real. Seguramente un mecanismo para darlle ós soños unha verdade máis consistente, ou incluso sinxelamente unha verdade, unha voz. Traballar para que iso respire, situar as pezas onde teñan máis forza e poidan ter un sentido de beleza maior, un imán máis forte coa recepción. Esa búsqueda é algo marabilloso, ás veces sinto que hai algo en min que me leva inevitablemente a ter esa iniciativa, unha comodidade especial co rol. Seguramente o feito de dirixir teña detrás o buscar o camiño correcto, non correcto na moralidade, senon o mellor para todos os elementos que compoñen esa decisión. Bendita batuta, difícil, pero fascinante.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *