06.03.18


Atopou unha verdade debaixo da mesa da cociña. Estaba gardada nunha suciedade na que ninguén se fixaba. Quen o ía dicir cando aínda había fame nos fogares. María vivía suxestionada pola realidade. Era unha esponxa a punto de estourar. Si si, como esas esponxas de xoguete que teñen unha conta atrás para converterse en confeti e deixan flipados ós nenos. Aquel grafitti ínfimo e íntimo escribírallo un amigo facía anos nunha festa. E nunca se fixou, ata hoxe. Estaba en azul e facía falta miralo cunha lupa desas negras de toda a vida. As de man. Bueno, o lóxico é que sexan de man. A frase dicía: “Se aínda te deches conta agora, é que non vives o agora.”.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *