06.05.17


Fai uns días vin esta película, xa levaba tempo con ganas. Queda claro que a beleza non é cuestión de cartos, é cuestión de boas intencións e a elegancia que pode dar unha intelixencia entusiasta. Supoño que relevancia é tocar temas que son necesarios para unha sociedade, e mellor se o fas con delicadeza. Penso que é o caso deste filme, feito entre amigas e de moi baixo presuposto. Quédame cada vez máis claro que normalizar un cine feito por mulleres é imprescindible para a sociedade, porque é raro que non sexa normal que isto pase. Empeza a selo e é marabilloso que sexa así. Venlle ben ó discurso cinematográfico, é un aire fresco e lóxico para uns patróns que están ás veces asociados demais a determinados procesos condicionados pola masculinidade.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *