06.06.16


Un ruído inmenso na rúa, a infancia vai dun lado para o outro impregnando a sociedade. Parece que saltou o meu pasado a xogar no presente. As horas co Pokemon na infancia volvéronse 3d en forma de furor. Gatos que navegan con perigo polas rúas, a ritmo de jazz desacompasado. Disque toleamos. Dicía unha amiga que agora todos estamos tolos, pois vai ter razón e todo. A transpantalla está aquí, o transparente do invisible. Eu se me perdo prefiro bailar, a ver se a cabeza recupera o sentido no contacto dos pés co chan.

Viva o jazz!

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *