06.07.16


“Pechar o bar por última vez. Ese lugar que parece unha casa, case ás veces a primeira. Colleu a libreta e tirouma á cabeza. Non doeu o golpe claro, doeu o significado. Sempre doen máis. As palabras están polo sangue, viven na simbolxía, é dicir, na casa invisible das emocións. A barra é ese lugar sobre o que expresarse, ese espazo sen ley. Por iso sair de alí é como se te expulsasen dun país, sentirte emigrante, vagando polas rúas sen ter onde agarrarte. Un espazo no que non fai falla pensar, porque todo está como sempre, nada cambia. Só varían as cantidades dos vasos, e xa. Todo no seu lugar. O firme cosmos do predicible. O resto treme. Tambalea. Sufre. Chora. O lobo que ten que sair a rúa a cantarlle á lúa. Esa lúa que observa esperando que aprendamos. Pero o bonito de vivir é esa deformidade, esa que se forma no ceo cando saes cos colegas sen saber ben o que dis…

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *