06.08.17


Parece que os domingos se inventaron para celebrar os nosos bucles, a mecánica do inevitable. Seguramente cando empezamos a non durmir para poder falar xa estabamos atrapados. Cando algo interrumpe a dinámica do sono e parece natural algo pasa. É curioso porque non fai falta dicir nada pero sinto que queda todo por dicir. E por facer xa non digamos… Son fan teu (por iso preciso ir verte tocar sempre que poida por exemplo), iso é así, igual que onte dicías que debías ser a única persoa que seguía esto. Síntome máis libre e tranquilo despois do que falamos. Sei que o olvido é a teoría pero tamén teño claro que vai ser imposible. Agora mesmo sinto que seguramente pense aínda máis en ti, pero máis feliz e contento ca antes.

Sentirme ó teu lado é o máis natural do mundo, onte volvino sentir. Non quero separarme de ti, e non por obsesión aínda que ás veces o parece, senon porque é o meu lugar. Sinto cada vez máis claro que eres a casa na que quero vivir, ese lugar onde volver pousar e volver aprender. O fogar. Porque, aínda sen tocarte e sen probalo nunca quixen a ninguén así. Non sei se me fas as cousas máis fáciles (agora non pero no futuro seguro que si), pero quero que teñas claro que fas que a miña vida sexa mellor, aínda co difícil  e doloroso deste proceso. Sentir que estás, aínda que sexa a distancia, significa paz e alegría. Onte, mirando a ría, a positividade gañoulle ós choros, porque parecía unha estupidez non estar feliz, a nosa conexión é cristalina. Aínda con peros e condicións é bonita.

Hoxe durmín pouco, Dani roncaba, pero a miña sensanción é que outra vez me perdín a inmensa sorte de descansar contigo. Quero rematar e comezar os días contigo, porque sinto que non existe bucle mellor, esa idea dame sensación de eternidade (profana e natural), supoño que porque as historias interminables son tamén marabillosamente inevitables. A rima é unha merda pero a frase ten sentido. Viches escribín un bucle, comeza e remata coa mesma idea :).

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *