06.12.16


O amor non cambia, muta. É como o tema de Drexler todo se transforma. Nos anos do século de ouro, territorio de artes e excelencias era algo, e a esencia dese algo non mudou. Igual si as circunstancias. Quizais. Tampouco moito, seguimos precisando máis ou menos o mesmo. A esperanza de completarte con outra persoa debe ser a salvación do amor, non digo que se consiga así, digo que é a súa rede de seguridade. Non me refiro a completar pola ausencia, senon por mellorar as presencias, pola riqueza dos momentos. A multiplicidade do ser, ser máis e mellor que un. Ese un pode ser xenial e estable, non se exclúen. Parece que coa evolución esta necesidade se volve cada vez máis fráxil. Hai que ser capaces de aprender a non estancarse, a sentir a mobilidade da esperanza, a saber que a forza que nos move pode estar sempre aí, pero nunca da mesma maneira. Todo se transforma.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *