07.01.18


O piano que sabe o que as túas mans queren. Un verde que se mete na mente ata que o bosque chega ata aquí. Estrelas que aprenden a sorrir, bocas sen ti. As leccións de non estar. Unha música que pode levarnos a onde sexa, porque parece que vimos de moi atrás. De antes. De algún antes que non fai falta descubrir. A sensación de que todo irá ben aínda que pareza que todo está do revés. Os teus ollos.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *