07.02.18


Linklater lévanos ós 70. Gústame moito a naturalidade que lles imprime sempre ós personaxes este director. Están sempre moi ben trazados e cunhas personalidades moi interesantes. Outra elemento importante é que nunca utiliza unha estrutura clásica, conta o que quere contar e xa está. De feito a película remata cando comeza o ano universitario, contando “só” os tres días previos do inicio das clases. E xa está, nin máis nin menos. Hai secuencias fantásticas, con diálogos moi áxiles e divertidos.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *