07.03.17


Comanchería. Película cruda e seca, moi ben escrita. Seguramente sexa o mellor guión dos que se presentan ós Oscars. O Oeste parece que sempre persegue a liña de traballo estadounidense, están moi cómodos nel porque teñen moi afirmadas (ás veces demais) as súas raíces. A película é moi interesante, cun ritmo atractivo e áxil, cun contido consistente e ben contado. Dous irmáns atracan bancos por motivos moi distintos, de feito quérense pero non se nota moito, hai unha distancia entre eles. Cando hai ladróns sempre hai policías, que esperan e procuran intelixentes descubrir ó malvado. Nestes perfiles os estadounidenses teñen asumido que pode haber bondade e maldade nos dous bandos, cousa que non deixa de ser atractiva e moi da natureza humana. Supoño que por iso nos podemos identificar tanto con este tipo de narracións.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *