07.07.17


Onte volvimos ver Río Bravo. É un clásico. Atemporal. Xa era a terceira vez, en case 30 anos, e pareceu a primeira vez. Isto demostra unha frescura atemporal. Pasámolo en grande. Analizando un pouco a obra mezcla diferentes tipos de gags coa música, e isto fai un non parar de rir. Dixo Miguel de Lira nunha entrevista que esta foi a primeira obra que fixeron “en serio”, na que querían dar o primeiro paso a ser profesionais digamos. Igual esta intención, este espazo liminal entre o entusiasmo do comezo e a seriedade formal tivo algo de “culpa”. Aínda nos acordabamos das cancións, como fans que levan tempo sen escoitar temas que lle marcaron. Os queridos Chéreve, non contentos con facelo, metéronlle melloras. Realmente se quixesen poderían ir de xira por Galicia con isto e encher en todos lados. Río Bravo non pasa de moda, unha obra de arte do humor teatral Made in Galicia. Grandes.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *