07.08.16


A parede todavía tiña restos da pintada. As rapazas do instituto falaban entre elas de Eva. A unhas parecíalle esperable o que estaba facendo, a outras non. Sempre sacara boas notas, e os profesores estaban moi contentos con ela, non entendían por que se estaba complicando así. Estaban castigadas, por falar continuamente en clase. Tamén tiñan que pensar nun lema positivo sobre o que mellorar o que escribira Eva, e non eran capaces. Non estaban acostumadas a crear. Sorrían pero mirábanse ás veces con cara de preocupadas, sen saber ben qué facer. Só lles quedaban 10 minutos ata a última clase e o gran corazón vermello que trazara a xefa de estudios estaba aínda por encherse.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *