Investigando a Billy Wilder, parte 1:
Fedora é un filme de esencia e estrutura clásicas. Intensa, con enredos e sorpresas, fai recordar unha forma de contar quizais antiga pero tamén atemporal. Os misterios que se presentan e se reinventan son algo que nunca pasa de moda. Wilder manexa os tempos, vai dosificando moi ben os detalles que constrúen a historia. Esta intelectualidade elegante do século XX, parece que día de hoxe se transformou. Agora mesmo pode parecer “lento” ou pouco sorprendente, pero a forma narrativa é innegable. A presentación dos feitos vaise dando con toda a calma, coa observación tranquila sen olvidar a tensión de cada escena.