07.10.17


Cando Alma chegou a aquel porto non sabía ben onde estaba. Sentíase oprimida, fóra do seu torrente mental de sempre. A pel seca do día anterior. Buscaba as estrelas, pero non estaban. Chamounas por se servía de algo, pero nada. Nas ondas do mar viñan cancións, que ela reinterpretaba asubiándolle ó vento, pelexando pola musicalidade. O seu abrigo novo estaba comezando a mollarse, pero ela non se deu conta. Estaba noutro lugar. Viaxaba. Sentía ferver os nervios de desexo. Déronlle ganas de lanzarse á auga espida pero pareceulle absurdo. Algunhas veces o sentido común debería ser perder o sentido. Comezou a chorar, despois dun gran suspiro con certa melancolía. Non sabía o motivo, seguramente unha mezcla de circunstancias. Os barcos movíanse cada vez máis, bailando, seguramente parlantes dentro do seu imaxinario. Ese día Alma aprendeu a verse reflexada nas estrelas aínda que non estivesen. Deuse conta que non importaba, estaban nos seus ollos que compoñían a obra daquel cadro de paixases reais imposibles.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *