07.11.17


Documental imprescindible. Moi francés, con argumentacións de intelectuais que van explicando todo. Este todo é a orixe e desenvolvemento do neoliberalismo. O interesante é que quere ir á orixe do tema, e analiza o mesmo dende diferentes puntos de vista directos e claros. A min quedoume claro que vivimos nun tempo de totalitarismo ideolóxico, onde a liberdade na práctica só está na economía pero nada máis. Un pensamento único é o que vertebra o comportamento social porque así todo é mellor para que uns se beneficien o que se queiran beneficiar. É dicir que o pluralismo e liberdade é unha cortina de fume. A única diferencia é que non se nos mostra unha violencia física, para que non nos enfademos, pero o control é máis aínda do que se exercía no século XX cos fascismos. Vamos que o neoliberalismo é un gran mostruo que se traga todo ó seu paso. Se nos presenta como algo moi bonito mentres devora todo o que non lle convén ós seus intereses.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *