08.03.17


Este ano quedeime a ver os Oscars. Seguramente pola curiosidade de La la land. Vin casi todas as películas, e penso que foron uns Oscars moi xustos. É certo que a temática afroamericana colleu a primeira liña de guerra, e paréceme xenial. Xa vai sendo hora de que ese tema se normalice nos Estados Unidos. O erro da mellor película foi anecdótico pero moi significativo, unha película de evasión frente a unha realidade cruda. Este pulso expresa moi ben o espíritu estadounidense, a pelexa polos soños mezclada unha cruda realidade social inxusta. Realmente esas dúas foron as que máis me gustaron, así que eu encantado. Jimmy Kimmel deu unha lección de cómo presentar unha gala, tranquilo e restándose importancia, foi eficiente e divertido, sen estridencias. Realmente o máis destacado da gala, e só que limitou a unhas poucas pinceladas antitrump, sobretodo a de Gael García Bernal, que se posicionou dunha forma elegante. Compensoume estar cando hoxe, esta xente son os inventores do espectáculo.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *