“A sensación que queda no bus é esa suspensión do tempo durante o traxecto. Parece como si non quedase nada de ti. Os lugares de paso non gardan recordos, pero si ansias e medos que temos para chegar a eles. Son neveiras de soños. Pelexas que permanecen no silencio, esperando o momento de que nos entren ganas de tomar un iogurt. Ou outra cousa calquera. Chámame a atención que os autobuses de Vigo leven a bandeira de brasil. Igual é por reforzar o de portugueses. O perigo está en que os recordos non queden no conxelador, no continuo xirar dunha liña determinada, nos fios que sustentan o noso facer e desfacer. Eu quédome coa caixa máxica das verdades”