Coller o centro do teatro e facelo noso. Aínda que sexa unha ínfima parte. Estar do lado das boas e dos bos, do lado da maxia. Ter as forzas para soster o soño. Edimburgo ten a fascinación por bandeira, por iso non podemos deixar de ser os abandeirados dela. Non queda outra opción. Senon os nenos que temos dentro lamentarán a berros non ter xogado.
Os parques esperan, as ilusións imperan.