Hai películas que requiren poñer todos os sentidos para poder ser disfrutadas. E non son moitas a verdade, pero existen. Esta é unha delas, presentada coa suavidade e a forza xustas para acercarnos a unha historia pequena pero cun trasfondo inmenso. O mellor para min é a humanidade que se respira, que case parece a veces un documental se non fose por un enfocado gusto estético nos acontecementos. Agora entendo o tanto falar deste home, e a fama que foi collendo. É unha marabilla.