Cando descubriron a pintada ela xa non estaba alí. Sempre chegaban tarde. A forza da paixón ía por diante. Eva sempre esperaba cerca, por iso non a atopaban. Buscaban cun radio de fuxida, e ela non tiña ningunha intención de fuxir. Sentiron o medo, porque non sabían que pasaría despois diso. Estes anos eran dunha transición que ninguén entendía moi ben. Aquel XD tachado con sangue era unha invasión repentina dun pasado que tiña forza de presente demoledor.