08.09.17


Pois a min gustoume o final. Paréceme que hai xente que critica por criticar, sen unha base ben fundada. Tiña dúbidas desta temporada, xa que os guións sobrepasaron os libros. A min paréceme que van camiño de pechar a serie ben, cumplindo as expectativas da xente que son altísimas. Isto non é nada fácil. Gústame o camiño que nos leva á mensaxe de que o importante é loitar contra a morte, non uns contra os outros. Parece que a serie vai nese camiño, tamén en reivindicar o poder das mulleres frente o reinado dos homes. Ambas cousas penso que son clave. Non se fala de que é unha serie de éxito cuns valores que están moi ben, e isto non pasa sempre. Vamos que a última temporada penso que vai ser xenial, aínda que seguro que sae moita xente facendo comentarios estúpidos para chamar a atención. Esta práctica parece moi de moda nos últimos tempos.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *