08.09.18


Coller os bártulos da vida para reinventar o sorriso. Deixar o negativo de lado, pase o que pase. Se hai que rebuscar no estómago faise. Non olvidarse duns pantalóns que se poidan transformar, cunha estética sen determinar. Xusto para poder elixir o que sexa. A maleta non pode ser para arrastrar, debe poder ir polo aire para mover a contaminación acústica. E humana, esa é a máis importante. Sería bonito ter plantas de reciclaxe de persoas. Por sacar o mellor de cada unha. Desatascar as verdades e voar. Ou nadar.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *