“Eran meses de oscuridade. O namorar vai nos ollos. Cando un non ten onde reflexarse parece que algo falta, algo queda por facer. Horas e horas de samba, para buscar a expresión artística, para buscarlle o sentido á vida. Libreta na man, ás preparadas para caer, búsqueda activa. Descubrir que é todo eso que durme debaixo das mantas escuras. Debaixo incluso da calor que falta, no escondite que ri, das páxinas que aínda están en branco. O eco dos apelidos tamén fai códice, historia das emotividades. Os calares seguen estoupando no máis mínimo detalle.”