09.08.16


Colle o megáfono que imos cruzar a rúa. Imos formar parte do collage. Parte da velocidade de todos os shows xuntos. Máis vale voar que quedarse no camiño. Se tivésemos algunha posibilidade de ser sinceros pois mellor. Que non nos conten o drama, porque volve o sol. Que non nos digan nada máis que velocidade, porque somos parte das notas de toda esta sinfonía. Só quero que me fales de teatro e non quero entender nada, só sentir toda a forza como quen baila nun raio que describe os edificios. Quero berrar coa pronunciación da música clásica, quero que alguén me diga que estou soñando para dicirlle que non, que xa lles gustaría ós meus soños ser mellores ca min.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *