09.09.16


A Rai decide meterse nunha superproducción. Enténdese que usa o inglés por un tema de financiación internacional, cando o lóxico sería facelo no orixinal italiano, e máis nunha historia tan importante e tan identitaria para o país. A min é unha serie que me parece que está ben elaborada, ben interpretada, pero algo me falta para ser unha gran serie. Non me chega a enganchar de todo, e verdade é que non sei o motivo. A recreación é moi boa, é interesante ver elementos que limos nos libros de historia cobrando vida. Non chega a ser vibrante, quizáis algo máis de ritmo narrativo podería axudar. De todas formas paréceme moi recomendable, sobre todo para xente que lle guste a historia, da gusto vela :).

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *