09.09.20


Nolan di que se pon no lugar do público para dirixir as súas películas. Entendo a súa postura, pero debería revisala un pouco…porque Tenet é un exercicio de obsesión realmente incómodo. Moi ben a proposta narrativa pode chegar a ser interesante, e ata lúcida se me apuras nalgúns momentos. Pero o bombardeo continuo de ruído e frenetismo é realmente insoportable. Nolan conseguiu con títulos como Origen ou Interestelar ofrecer un cine comercial que ó mesmo tempo resultaba interesante e atractivo intelectualmente. Él sábeo perfectamente. Teño a sensación de que con Tenet quixo ir un pouco máis alá, e uf a ese outro lado eu polo menos non quero estar. Quere ser tan atractivo e tan intelixente que para min se “automaquilla” en exceso. A narrativa tamén bebe de calmas, e non só de querer ternos en tensión continua durante dúas horas e media. Fúmate un porro Christopher! As pelis de Marvel polo menos teñen contrapunto cómico.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *